Adxudicadas provisionalmente as obras de saneamento en Muíños (Oleiros, Ribeira)

05 Maio 2022

O Concello de Ribeira informa de que foron adxudicadas provisionalmente as obras para dotar de servizo de saneamento municipal ao lugar dos Muíños, situado na parroquia de Oleiros, que implicarán a instalación de case dous quilómetros de tubaxes. A empresa Marqués de Marancán, S.L., resultou a que obtivo a maior clasificación (había 30 ofertas presentadas) conforme a unha proposta que comporta unha inversión económica de 237.308,83 euros, IVE incluído.

As obras que se pretenden realizar son as seguintes:

• Instalación de 1.557 metros de tubaxe de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro.

• Instalación de 34 pozos de 1,70 metros de profundidade.

• Instalación de 2 pozos de 3,70 metros de profundidade.

• Instalación de 342 metros de tubaxe polietileno de 75 milímetros de diámetro.

Así, a través dos colectores de PVC conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará unha estación de bombeo, previa instalación dunha arqueta de entrada. Dentro do pozo de bombeo haberá dúas bombas trituradoras mergullábeis, xunto coa caldeirería e valvulería correspondente. Dende alí impulsaranse as augas fecais a través dunha tubaxe de polietileno de 75 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral de Gándara.

As obras, que están adscritas ao POS+2019, teñen un período de execución de cinco meses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...