A Deputación adxudica por 284.659 euros as obras de mellora da estrada DP-7202, en Rianxo

23 Maio 2022

A Deputación da Coruña adxudicou por 284.659 euros as obras de renovación e mellora da capa de rodaxe da estrada provincial DP-7202, no concello de Rianxo, que vai de Rianxo a Burés por Asados, no tramo comprendido entre o PK 0+000 e o PK 3+025. Segundo indicou o deputado responsábel da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, os traballos a levar a cabo na estrada consistirán, en primeiro lugar, na limpeza da vía e da beiravía para, posteriormente, aplicar sobre a plataforma unha capa de asfalto de 5 centímetros de espesor.

Ademais, o proxecto inclúe a realización de barbacás (rebaixe das beirarrúas nos pasos de peóns existentes co obxectivo de mellorar así a accesibilidade para os peóns que fan uso da vía). Por último, procederase á posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes e tamén á reposición das marcas da vía, bordes, pasos para peóns e inscricións, así como as unidades de sinalización vertical necesarias.

O prazo de execución será de cinco meses a partir do inicio das obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...