A ANPA do CEIPP de Palmeira impulsa 15 actividades para promover a igualdade entre a rapazada, as familias e o profesorado

24 Maio 2022

A comunidade do CEIPP de Palmeira (ANPA, directiva, profesorado) ten deparado para esta recta final de curso un amplo programa de actividades para promover a igualdade entre homes e mulleres: até 15 actividades destinadas a romper cos estereotipos e cos prexuízos que perpetúan o machismo en todas as súas manifestacións. A axenda, que tamén pon o foco en previr a violencia contra as mulleres, está dirixida ao alumnado, ás familias, ao corpo docente e á comunidade educativa en xeral, dentro das especificacións que indica o procedemento SI449B da Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Toda a información sobre o programa témola no Facebook da ANPA.

No mes de maio celébranse nove obradoiros:

8 obradoiros para todo o alumnado do Colexio de Palmeira dentro do seu horario lectivo con tres temáticas diferentes segundo a idade dos rapaces e rapazas. Serán o vindeiro 25 e 26 de maio.

Da man de Paula Suárez (pedagoga, experta en Intervención Social, directora de Positivando Gabinete Psicopedagóxico en Vigo e coordinadora de formación da Asociación TDAH Salnés), na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira, cunha duración de 45 minutos cada un, organizaranse 8 obradoiros con tres enfoques de formación pola Igualdade:

· Convivencia en igualdade (abordaranse cuestións como a co-responsabilidade e a importancia de promover un reparto equitativo das tarefas no domicilio e nos espazos sociais. Fomentaranse actitudes responsábeis nos rapaces e nas novas formas de entender a masculinidade.

25 de maio 2022 de 9:15-10:00h para 4ºA e 4ºB de Primaria.

25 de maio 2022 de 10:15-11:00h para 5ºA e 5ºB de Primaria.

25 de maio 2022 de 12:00-12:45h para 6ºA e 6ºB de Primaria.

· As cores da igualdade (un achegamento á coeducación, á formación en igualdade dende as idades temperás. Falarase de sexo e xénero, estereotipos, roles de xénero, socialización diferenciada e desigualdades de xénero e aprenderase a vivir en igualdade a través das cores, os xoguetes, a música e os contos sempre co uso dunha linguaxe inclusiva”.

25 maio 2022 de 13:00-13:45h para 4º e 5ºA de Infantil.

26 maio 2022 de 9:15-10:00h para 5ºB-6ºB e 6ºA de Infantil.

· Profesións en igualdade (traballarase a perspectiva de xénero a través das diferentes profesións, facendo a súa vez unha valoración positiva e conxunta das funcións do traballo doméstico e dos coidados promovendo a flexibilización dos roles de xénero).

26 maio 2022 de 10:15-11:00h para 1ºA, 1ºB e 1ºC de Primaria.

26 maio 2022 de 12:00-12:45h para 2ºA e 2ºB de Primaria.

26 maio 2022 de 13:00-13:45h para3ºA e 3ºB de Primaria.

O obxectivo xeral é “establecer un debate e xerar un punto de encontro entre o alumnado para sensibilizar e formar na importancia de vivir en igualdade, promovendo accións positivas e de bo trato”. Asemade, búscase “promover un espacio igualitario co alumnado a través da reflexión e a activación do pensamento crítico”.

-O xoves 26 de maio ás 16.00 horas, na Sala de Usos Múltiples do colexio, celebrarase un Obradoiro para Familias e Docentes, cunha duración de 1 hora e 30 minutos e impartido por Paula Suárez. Abordarase a importancia da educación afectivo-sexual dende a nenez como prevención de condutas violentas e como prevención e formación de cara a adolescencia. Aportaranse pautas e recursos para afondar nesta área coas crianzas dende idades temperás. O obradoiro complementarase cun servizo de coidado de menores de balde, achegado polas monitoras e monitores da empresa Yumi Yai entre as 16.00 e as 18.00 horas. Realizarán varias actividades lúdicas adaptadas ás diferentes idades dos rapaces e rapazas, e sempre respectando o principio de igualdade.

Xa no mes de xuño, a comunidade do Colexio ten deparada “outra sorpresa moi máxica” para que as nenas e nenos despidan este curso con catro pases de maxia en igualdade. Trátase dunha charla-espectáculo titulada A igualdade non ten truco, a cargo da compañía viguesa Magia en la Manga, que fai un percorrido polos conceptos básicos do feminismo e procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas coma Sara Rodríguez, acompañada de Carlos Tomico. Será o 21 de xuño do 2022, na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira, cunha duración de 50 minutos cada un:

9:30-10:20h para todo o alumnado de Educación Infantil.

10:30-11:20h para o alumnado de 1º e 2º Educación Primaria.

11:50-12:40h para o alumnado de 3º e 4º Educación Primaria.

12:50-13:40h para o alumnado de 5º e 6º Educación Primaria.

Para o mes de setembro e outubro o CEIPP e a ANPA tamén ten preparada outra Escola de Familia con Mercedes Urbiola e unha actuación espectacular con Rilo & Penadique no Auditorio Municipal de Ribeira.

Outros artigos

Denunciada unha onda de roubos no centro de Ribeira

Veciños de varias rúas do centro de Ribeira denuncian que nos últimos días producíronse varios roubos en coches, así como pequenos furtos que sementaron a inseguridade nesta zona. Unha das vítimas foi o propietario dun turismo ao que lle rebentaron unha lúa da parte...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...