Situación de inestabilidade atmosférica, con aire moi frío en capas altas da atmosfera. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con chuvascos, máis frecuentes e intensos na segunda metade do día, ocasionalmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, 8 graos, continuando as máximas sen cambios, sobre os 16 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados pola mañá, diminuíndo a frouxos pola tarde.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sueste á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:42 | 0.9 m |
Preamar | 09:04 | 3.1 m |
Baixamar | 15:06 | 1.2 m |
Preamar | 21:33 | 3.2 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:37 | 1.0 m |
Preamar | 08:59 | 3.1 m |
Baixamar | 15:00 | 1.2 m |
Preamar | 21:26 | 3.2 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:40 | 0.9 m |
Preamar | 09:01 | 3.1 m |
Baixamar | 15:02 | 1.2 m |
Preamar | 21:29 | 3.2 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)