Unha muller e dous homes enfróntanse a penas de cárcere por vender droga en Ribeira

13 Abril 2022

A Fiscalía pide para a acusada dous anos e dez meses de prisión, mentres que para os homes solicita cinco anos e medio. Os feitos remóntanse ao 2019, cando o 11 de xaneiro a muller foi intervida polos corpos de seguridade no centro urbano ribeirense portando 3,166 gramos de heroína do 54,4 % de riqueza e 4,99 gramos de cocaína do 95,2 % de pureza. O prezo pola venda destas substancias en doses alcanza os 1.892 euros.

Segundo recolle La Voz de Galicia a muller adquirira as drogas ese día a outro dos acusados, ao cal acudía diariamente para facerse coas substancias e logo vendelas, sendo esta a súa fonte habitual de ingresos, destaca a Fiscalía. O home preparaba as doses nun piso que tiña alugado, pero unha vez foi descuberto cambiou de vivenda.

Ambos foron detidos en abril do 2019 con máis de oito gramos de cocaína, distribuída en varias bolsas con diferente riqueza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.