O Concello de Boiro retoma os obradoiros de teatro para persoas mozas e adultas que comezaron antes do verán. A actividade comeza o vindeiro 5 de outubro e desenvolverase todos os luns.
O obxectivo desta actividade, que estará impartida por Marta Rios, é desenvolver a expresión corporal, a improvisación, a comunicación, a relaxación así como realizar xogos teatrais e dramatización.
O obradoiro de teatro será no Centro Social de Boiro en horario de 17.00 a 18.00 horas para persoas mozas maiores de 12 anos; e de 18.00 a 19.00 horas para persoas adultas.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse a través do enderezo electrónico educacion@boiro.gal ou no 981 84 84 25.




