Todo o que precisamos saber sobre unha cooperativa, nun curso en Porto do Son

05 Abril 2022

Este martes o Concello de Porto do Son e o Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas poñen en marcha unha acción formativa no ámbito do cooperativismo que busca divulgar e asentar novos e alternativos xeitos de producir e xerar riqueza: en colectividade, xuntando recursos e poñendo o foco no ben común. Trátase do programa E se traballamos en equipo, abeirado á colaboración que mantén o Concello coa Rede Eusumo – Economía Social de Galicia.

Celebrarase até o 8 de abril, en horario de 9.30h a 14.30h no Viveiro de Empresas de Porto Do Son. As persoas destinatarias son veciñas e veciños interesadas/os no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas e público en xeral. O programa abordará os seguintes temas: como traballar nunha cooperativa, habilidades persoais e sociais, habilitades de comunicación, habilidades para o traballo en equipo e toma de decisións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.