As baixas presións continuarán no Atlántico, ao norte dos Azores, quedando Galicia no límite do seu radio de acción.
Isto quere dicir que agardamos unha xornada cos ceos parcialmente nubrados, pero sen apenas precipitacións; unicamente poderiamos rexistrar chuvias febles e ocasionais en puntos do litoral atlántico. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán moderadamente chegando ós 20 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:18 | 1.6 m |
Preamar | 10:36 | 2.5 m |
Baixamar | 16:32 | 1.7 m |
Preamar | 23:14 | 2.7 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:08 | 1.6 m |
Preamar | 10:27 | 2.5 m |
Baixamar | 16:23 | 1.8 m |
Preamar | 23:03 | 2.6 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:15 | 1.6 m |
Preamar | 10:34 | 2.5 m |
Baixamar | 16:31 | 1.7 m |
Preamar | 23:11 | 2.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)