Ribeira contabiliza até 82 ofertas para as contratacións de media ducia de actuacións

18 Abril 2022

O Concello de Ribeira informou de que foron contabilizadas 82 ofertas para seis actuacións previstas en catro parroquias do municipio (Aguiño, Carreira, Corrubedo e Palmeira). A obra que acadou un maior número de propostas nas licitacións da media ducia de proxectos foi, con 16, a dirixida á instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de Sampedro en Palmeira (orzamento base de licitación: 130.919,88 euros, con IVE).

O lugar de Sampedro, en Palmeira

A continuación, con 15, foi a pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro en Aguiño (189.765 euros).

A rúa Celso Emilio Ferreiro en Aguiño

Recibiron 14 ofertas tanto o saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións en Carreira (154.081,94 euros) como a pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira en Corrubedo (92.687,79 euros).

A rúa Chaprado en Corrubedo

Tivo 12 propostas a ampliación da rede de abastecemento na avenida da Paz en Palmeira (54.598,56€). Por último, a pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro en Aguiño (133.104,94 euros) contou con 11 ofertas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...