Os socialistas de Ribeira presentan unha proposta para incrementar os estacionamentos no Hospital do Barbanza

11 Abril 2022

O PSOE de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativo aos estacionamentos do Hospital do Barbanza, que, segundo sinala o grupo socialista, presentan unhas eivas que cómpre solucionar e que provocan desbordamentos os días de meirande afluencia de pacientes e visitantes. Os socialistas sinalan que este problema agravouse cando o Hospital converteuse en punto de vacinación da COVID, o que desencadeou unha saturación nos aparcamentos dispostos no complexo.

Segundo fan saber, “en realidade a situación de desbordamento é aplicábel en realidade a todas as xornadas da semana, debido ao elevado número de traballadores e pacientes que frecuentan o hospital para labores, consultas, e visitas, o que provoca que atopar un sitio para estacionar acabe por converterse nunha odisea, xa que os espazos habilitados non abondan para prestar servizo ao gran número de usuarios do centro hospitalario, tendo moita xente que recorrer á alternativa de deixar o vehículo no espacio do Monte Comunal de Salmón e Recobo, un terreo que non é apto para todos os vehículos xa que está sen acondicionar”.

A problemática vai a máis cando os condutores optan pola alternativa de ocupar beirarrúa da vía de de acceso ao recinto ambulatorio, dificultando a circulación rodada no entorno, “o que evidencia unha falta de zonas habilitadas ao efecto”, sinala o grupo socialista, que reclama ao Goberno da Xunta e á dirección do centro hospitalario que se poñan en marcha medidas para habilitar alternativas de aparcamento nas inmediacións, “alternativas que encaixen cos novos modelos de accesibilidade, sustentabilidade e fomento dos espazos de uso peonil. Neste punto, os socialistas propoñen a adquisición, ben por compra ou aluguer, dos terreos das inmediacións da vía de acceso, a saber as parcelas 1380, 1396, 1409.

“Esta actuación”, din,” non só permitirá mellorar a dotación de prazas de aparcamento de xeito substancial (dun importante numero de vehículos), senón que favorecería a necesaria mobilización e adecuación no espacio do área sanitaria, tanto a nivel de prazas exclusivas para os traballadores do centro ambulatorio, como para ao servizo dos pacientes e visitantes”.

Estes son os puntos da proposta:

1) Que o alcalde do Concello de Ribeira xestione, perante a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade (en colaboración coa Xerencia do Hospital), a solicitude para propoñer a dotación ao Hospital da Barbanza de áreas de estacionamento disuasorio, ben en aluguer, ou en compraventa, das parcelas mencionadas, lindeiras ao recinto sanitario, que permitan resolver as necesidades da falta de estacionamento.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.