O PSOE de Ribeira pide que se acelere o ritmo das obras nas beirarrúas de Carreira

14 Abril 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do seu voceiro José Manuel Vilas, presentaron unha serie de preguntas para ser tratadas en pleno relativas ás rúas de Carreira e ás obras que se están a realizar na dita parroquia dende outubro: traballos dirixidos a acondicionar e pavimentar as beirarrúas en determinados lugares (o treito da estrada local entre Cubeliños e Frións, 9018; o tramo da Pedra do Corniño á estrada 7302 do Vilar, 9004; o treito da estrada 7305 entre A Mámoa e o Cruce do Vilar, afectando a ámbalas dúas marxes) e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

O PSOE di que ao longo dos últimos meses “vénse notando unha lentitude importante na súa execución”, o que está a provocar queixas da veciñanza e dos usuarios habituais do viario, que non poden usar os espazos habituais (e seguros) para os seus desprazamentos. Os socialistas engaden que esta zona “está deficientemente sinalizada para o correcto desenvolvemento do tráfico, tanto rodado como peonil, debido a caída dos sinais por efectos meteorolóxicos”.

O grupo propón as seguintes preguntas para seren debatidas no pleno:

1.- “Cales son os motivos da paralización de ditas obras, que en principio non teñen nada que ver entre si (son distintas empresas construtoras)?

2.- “Que ten pensado facer o Goberno do Concello, para evitar que as arquetas na CP- 7305 queden sin protección no medio do beiravía?”

3.- “A que se debe que a beirarrúa na estrada da Pedra do Corniño teña un ancho tan irregular na súa execución?”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...