O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de Noia da totalidade da estrada AC-310 e de 2 treitos da AC-311 e da AC-550

11 Abril 2022

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia a prol do Concello de Noia da totalidade da AC-310 e de dous treitos das estradas AC-311 e AC-550, xunto co seu dominio público asociado, ao seu paso polo municipio.

A través deste decreto transfírese a titularidade dos 220 metros de lonxitude da estrada AC-310 de acceso ao porto de Noia; dun treito de algo máis de 1,3 quilómetros da AC-311; así como do tramo de 390 metros da AC-550 correspondente coas rúas Rosalía de Castro e Costa do Ferrador.

Google

Trátase de treitos cun marcado carácter local e urbano sen funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia (RAEGA), que discorren na súa totalidade polo concello de Noia e atravesan solos clasificados como urbanos polo instrumento de planeamento urbanístico vixente.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta transferencia, aprobada na reunión do Consello da Xunta do pasado día 31 de marzo: https://bit.ly/3O0U6vP .

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de acordo cos informes emitidos polos servizos da Axencia Galega de Infraestruturas, formula a proposta favorable de transferencia da AC-310 que vai do punto quilométrico 0 ao 0+220; do tramo da estrada AC-311, comprendido entre os quilómetros 2+200 e 3+540; así como do treito da AC-550, desde o punto 72+440 ata o 72+830.

A transferencia a prol do Concello de Noia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto ten efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto, desde mañá.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.