O Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle os gravados de Oswaldo Guayasamín ata o 28 de maio

21 Abril 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu esta mañá o acto de apertura da exposición “Emocións”, de Olwaldo Guayasamín, que se poderá visitar ata o próximo 28 de maio.
A concelleira de Cultura, María Sampedro, foi a encargada de inaugurar esta colección formada por vinte litografías pertencentes aos fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.
Trátase dunha mostra que amosa o amor aos seres humanos, a empatía cos seus sentimentos, a expresividade dos xestos, para configurar unhas obras cheas de vida, de emoción, de significado profundo. Estará exposta ata o 28 de maio.
Oswaldo Guayasamín nace en 1919 en Quito (Ecuador), de pai indio e nai mestiza, o que o leva a unha tendencia introspectiva para buscar as súas raíces, o seu pasado e a súa historia. Morre en Baltimore en 1999. Artista comprometido contra a inxustiza social, a súa arte amosa un singular valor simbólico centrado na loita dun pobo pola liberdade, o que se manifesta na súa plástica xa dende 1944 coa
serie Huacayñan (en quechua “o camiño do llanto”), onde describe as culturas e crenzas dos países andinos. En 1961 comeza a serie A idade da ira, con máis de 5.000 debuxos e 250 lenzos, resumo da súa
estética expresionista, con fortes xogos das cores primitivas para amosar a desolación humana. Nos anos oitenta xéstase a serie A idade da tenrura, amosando a harmonía do home co home.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.