O Concello de Rianxo publica as bases das novas axudas para rehabilitar inmóbeis na ARI

04 Abril 2022

O Concello de Rianxo publicou as bases reguladores para a concesión de novas axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana da vila e a súa contorna (a ARI local), repartida nos núcleos de Rianxo, A Fincheira e Rianxiño.

Trátase da novena fase da convocatoria. Nas bases especifícase que o ámbito territorial desta convocatoria é “o da Área de Rehabilitación Integral (ARI) declarada por Acordo da Consellería de Vivenda e Solo (hoxe Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda), con data de 5 de maio de 2008, para os núcleos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño que comprende as edificacións situadas nas rúas e prazas que se relacionan a seguir: Calexón da Pempena, Calexón do Xudío, Carretera de Tanxil, Paseo da Ribeira, Praza da Fonte, Praza da Manuela, Praza da Praciña, Praza de Castelao, Praza de Rafael Dieste, Rúa Arcos Moldes, Rúa Cabo de Vila, Rúa Campo de Arriba, Rúa Consistorio Vello, Rúa Costiña da Igrexa, Rúa de Abaixo, Rúa de Arriba, Rúa do Adro, Rúa do Hospital, Rúa do Medio, Rúa J. Frieiro e A. Romero, Rúa O Castelo, Rúa O Portiño, Rúa Os Loureiros, Rúa Paio Gómez Chariño, Rúa Praciña, Rúa Rinlo, Rúa Setefogas, Rúa Subcampo, Travesía do Muelle, Fincheira e Rianxiño.

Amais, para a concesión das axudas o programa de actuacións previstas na Área de Rehabilitación define os diferentes graos de actuación:

-Rehabilitación Lixeira: Obras referentes a acabados, tanto interiores como exteriores: Pintura, pavimentos, alicatados, reparacións, adecuación de fachadas, substitución de canles e baixadas, reparación das instalacións de calefacción, electricidade e fontanería, reparación de carpintaría interior.

-Rehabilitación Media: Inclúe as obras anteriores, resultando unha renovación interior da vivenda, podendo incluír ademais pequenas obras de modificacións de tabicaría, repasos e retellados de cuberta, cambio ou substitución das instalacións de fontanería, saneamento, electricidade e calefacción.

-Rehabilitación Pesada: Intervencións estruturais (reforzos estruturais, substitución de

cuberta, substitución de estruturas de entramados de piso, etc…)

-Rehabilitación Ruinosa: Inmóbeis que precisan de unha rehabilitación total, mantendo polo menos algún elemento característico da estrutura orixinal.

A contía das axudas económicas ascenderá a 60.000 € e imputaranse á aplicación orzamentaria 1522.78000 e proxecto de gasto 2021/2/8/1/1. As axudas imputaranse deste xeito: 48.000 euros do Ministerio de Fomento e 12.000 euros da Comunidade Autónoma.

Outros artigos

Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, "dúas xornadas con moito humor, xantar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.