O alcalde de Ribeira reúnese este martes co Club de Remo para traballar na localización do Centro de Deportes Náuticos

29 Abril 2022

O alcalde de Ribeira vaise xuntar o vindeiro martes 3 de maio cos representantes do Club de Remo Náutico de Ribeira coa finalidade de afrontar a localización do Centro Municipal de Deportes Náuticos. A súa intención era manter esta xuntanza hoxe venres, pero, segundo informaron fontes do Consistorio, “non foi posíbel debido á participación esta fin de semana das remeiras xuvenís desta entidade deportiva no campionato de España en Pasaia Donibane”.

A reunión será ás sete da tarde no salón de plenos do Consistorio local, sendo o convite extensíbel aos pais e nais dos remeiros e remeiras integrantes do club que desexen asistir.

Por outra parte, tamén hai fixada unha reunión específica con Portos de Galicia para abordar este asunto: en principio, está programada para o día 19 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.