“Moito que dicir”. Antón Luaces

07 Abril 2022

Non está nada claro, en absoluto. E se no seu momento chamou a atención o contradictorio do dito polo capitán do arrastreiro Villa de Pitanxo e o seu sobriño a respecto do afundimento do buque e o que o sobrevivente ghanés Samuel Kwesi aportou na súa declaración en Galicia, tampouco clarexan nada sobre os feitos. Pero son indicios de que algo non cadra nesta desgraza.

Un auto da Audiencia Nacional remitido ós xulgados de Marín -localidade na que tiña o seu porto base o buque afundido- a causa penal polo afundimento do arrastreiro en augas de Terranova o 15 de febrero pasado aínda enturbia máis as cousas.

Semella que os investigadores do caso teñen en conta a versión do patrón, Juan Enrique Padín Costa, que basea o seu relato sobre o acontecido na parada do motor cando metían a bordo o aparello. Unha manobra sempre complicada, máxime cando ao parecer se trataba dunha importante copada de peixe en medio dun forte temporal que, segundo o tripulante africano, debería ser arriada ao mar após cortar os cables de arrastre.

As condicións meteorolóxicas talvez foron determinantes, de xeito que -na versión do capitán- entrou auga pola aleta de babor, provocando unha escora máis pronunciada aínda do barco.

Hai causa penal e esta xa foi remitida ó xulgado de Marín. Considera que ao marxe das análises periciais  que se podan practicar , a velocidade de navegación do buque instantes antes do seu afundimento crea dúbidas sobre a versión do capitán no que atinxe á parada dos motores por avaría como causa substancial da escora e posterior afundimento. A Fiscalia baralla a existencia de “pegadas” dabondo para imputar 21 delictos de homicidio por causa grave contra os dereitos dos traballadores. E sinala asimesmo que cando o barco deixou de emitir navegaba a 2,6 nos de velocidade. Foi catro minutos antes -segundo o rexistro da Caixa azul- cando o Villa de Pitanxo navegaba a 4,4 nos.

Tamén se pon en dúbida no auto xudicial a declaración do capitán no senso de que dera á tripulación o sinal de abandono de buque, previo á colocación dos traxes de supervivencia e chaleques salvavidas e procederen a continuación ao arriado da balsa salvavidas trincada a babor, balsa que teóricamente debía arriar o primeiro oficial do barco. Este, sen embargo, arriou a balsa de estribor, que foi aquela na que embarcaron os tripulantes sobreviventes e os que morreron supostamente a causa da hipotermia que lles afectou durante a estadia na balsa.

Os investigadores, segundo o auto citado, sospeitan que só o capitán e o seu sobriño levaban posto o traxe de supervivencia, algo que no tivo o terceiro sobrevivente, o ghanés Samuel Kwesi Koifie, que atestiguou que ningún dos cadáveres recuperados levaba posto o equipo de seguridade.

Precísamente Samuel Kwesi dixera que non houbo parada de motor, se ben confirmou que as maquinillas que recollen o aparello deixaron de funcionar ben, tensando e sen recoller o aparello, feito que influiu na escora do barco. Tamén afirmou que o capitábn se negara a arriar os aparellos e que xa con escora o buque, produciuse a parada do motor ao tempo que se incrementou a escora de babor, refirmándose no feito de que o capitán nunca deu a orde de se poñer os traxes de supervivencia.

Moito hai que afondar nesta cuestión, plagada de circunstancias inconcretas e veladas acusacións. Pero será o xulgado quen determine as responsabilidades de cada quen.

Outros artigos

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.