Licitado o mantemento dos campos de céspede artificial de Oleiros e Carreira

25 Abril 2022

O Concello de Ribeira vén sacar a licitación o servizo de mantemento dos campos de fútbol
de céspede de artificial da Trinidade (instalación situada na parroquia de Oleiros) e A Guía (na parroquia de Carreira).
O orzamento base de licitación por estas labores ascende a 14.520 euros, IVE incluído. A duración do contrato é de dous anos contados a partir da firma do mesmo, pudendo prorrogarse con carácter anual
por un máximo de dúas prórrogas.
Segundo o prego de prescricións técnicas, realizaranse catro actuacións en cada un dos campos sintéticos (con superficies de 6.500 metros cadrados cada un deles), acudindo nun máximo de 48 horas a requirimento do responsable do contrato, cando as circunstancias así o requiran, especialmente por despegado de liñas, ou deterioro de zonas que supoñan perigos para os deportistas.
Os labores a realizar inclúen: limpeza de superficie, aireación do revestimento, cepillado do céspede, verificación do encolado de xuntas e liñas de xogo, puntos de penalti, desherbado, revisión e
regulación do sistema de rego, enchido de area ou caucho en caso de necesidade, control do nivel de recheo e limpeza de canaletas.
As empresas interesadas dispoñen ata o vindeiro 9 de maio para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
Aguiño
Cómpre lembrar por outra parte que, tal e como se anunciou fai uns días, nas próximas semanas está prevista sacar tamén a contratación a dotación dun novo céspede artificial ao campo da Tasca en Aguiño.
En canto ao da Fieiteira (o outro dos campos dependentes do Concello que posúen este tipo de superficie) foi renovado a finais do 2019.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...