Grande-Marlaska inaugura a nova Comisaría da Policía Nacional en Ribeira

22 Abril 2022

Este venres 22 de abril ao mediodía celebrouse a inauguración oficial da nova Comisaría da Policía Nacional de Ribeira, no barrio de Fontán (avenida das Airós). Asistiron representantes das Administracións central, autonómica e local, como por exemplo Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior, José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, Fabiola García, conselleira de Política Social, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, Francisco Pardo, director xeral da Policía e Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira.

O acto, no que tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva, púidose seguir por streaming a través da canle da Policía Nacional en Yotube.

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, na súa intervención, lembrou que a construción da nosa sede policial veu cun investimento de máis de 3,1 millóns de euros. “Investir en infraestruturas de seguridade é garantir o benestar de todos. Non é un gasto, é un investimento en dereitos e liberdades”, sinalou durante o acto de inauguración. “Un dos meus compromisos ao comezo da lexislatura foi fortalecer os medios nos que se prestan os servizos públicos do departamento e ocasións como esta demostran que os esforzos están a merecer a pena”, engadiu o ministro, que mencionou na súa intervención as obras de Policía Nacional e Garda Civil previstas para Galicia dentro do Plan de Infraestruturas da Seguridade do Estado.

Pola súa banda, a ribeirense Fabiola García salientou que con “este cambio de localización, as oficinas da nova sede da Policía Nacional en Ribeira serán máis amplas e luminosas e facilitarase o traballo dos profesionais adscritos ao cadro de persoal ribeirense”. Tamén destacou a importancia de contar cun corpo de seguridade do Estado que vixíe e controle a seguridade e benestar dos cidadáns.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.