En Ribeira sábado solidario coa “Sea Benéfica da Dorna”

02 Abril 2022

A Real e Ilustre Confraría da Dorna está inmersa nestes días, xunto coa comunidade de dorneiras e dorneiros, na organización dunha das máis importantes actividades anuais de cantas impulsa a entidade fóra da axenda de verán: a Sea Benéfica dorneira.

Trátase dun evento aberto e participativo que este ano, tendo en conta os reveses que están a sufrir os colectivos máis vulnerábeis, cobra máis importancia ca nunca. Iso si, malia a relevancia do acontecemento, a organización (como de costume) mostrará de novo a súa capacidade para compatibilizar transcendencia con carallada, tal e como demostran as normas de vestimenta a seguir, que veñen co seguinte código: “Hai que levar aljo na cabesa coma un jorro, unha diadema ou no seu defecto unha vasenilla. Daráselle premio ao máis pomposo e juai, así que saca as mellores jalas”.

A cita será este sábado 2 de abril ás 21.28 horas, no Restaurante Baiuca. O menú inclúe aperitivos (tosta de queixo con rexóns, samburiñas ao jratén e cocretas caseiras variadas) e empratados (risotto de langonistnos e trijeros, albardafito de solombo en salsa de viño rosada e patadas panadeira e croulant de chocolate con xeado de mandarina). Todo regado con viños branco e tinto, augas minerais e refrescos e cafés e infusións. No transcurso do ágape farase un sorteo coas doazóns dos comercios locais e “aparte, outras apañadas no punto limpo”. Todo o recadado irá destinado ao fondo social.

Os prezos son de 35 euros para sosios e 38 para jodechincos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.