En Rianxo Axóuxere xunta en “A lingua viaxeira” unha ducia de voces literarias galegas espalladas no mundo

26 Abril 2022

A editorial rianxeira Axóuxere está de volta este mes de abril enriquecendo as nosas librarías e bibliotecas (e as nosas mentes) coas súas contribucións ao pensamento crítico e ao espallamento da nosa mirada. Este mes de abril preséntanos A lingua viaxeira, unha obra colectiva sobre o feito de sermos galegos no mundo na que colabora un selecto feixe de escritoras e escritores da nosa terra, todas e todos unidas/os pola febre de escribir e, tamén, de viaxar: María Alonso, Xelís de Toro, Luz Pichel, Moncho Iglesias Míguez, Carlos Penela, Eva Moreda, Elías Portela, Martín Veiga, Erín Moure, Helena Salgueiro, Miriam Sánchez Moreiras e Xavier Queipo. Son 110 páxinas e sae do prelo a un prezo de 14 euros.

Presentación de Axóuxere

Este libro, A lingua viaxeira, presenta un feixe de voces diversas que, desde diferentes partes do mundo e a través de distintos xéneros, escribindo en galego, nos dan pé a visualizar un territorio «expandido» no que Galiza non é xa un terreo material concreto, senón unha idea, unha sensación, un territorio sobre o que o noso soño pode cabalgar e abrirse a realidades aínda non coñecidas, un estado da alma que nunca nos abandona.

Observatorio da Nova Diáspora

Publicado dentro da esfera do ONDA (Observatorio da Nova Diáspora), o libro reúne autoras e autoras e autores que a través dos seus percursos vitais ou, nalgún caso, desde a propia historia familiar, experimentaron fondamente a condición emigrante en diferentes territorios: María Alonso (Edimburgo), Xelís de Toro (Brighton), Luz Pichel (Madrid), Moncho Iglesias Míguez (Bangladesh), Carlos Penela (Viena), Eva Moreda (Glasgow), Elías Portela (Reykjavik), Martín Veiga (Cork), Erín Moure (Montreal), Helena Salgueiro (Edimburgo), Miriam Sánchez Moreiras (Denver) e Xavier Queipo (Bruxelas) nos remiten, desde as súas experiencias, a esa conciencia colectiva común que habita en nós, galegas e galegos, aquilo que o noso benquerido amigo e coñecido músico Narf gostaba de chamar “A Galiza imaxinaria”.

Máis información no sitio web de Axóuxere.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.