As demandas veciñais para o arranxo integral da estrada de Fontán serán levadas a pleno polo BNG

28 Abril 2022

O BNG de Ribeira vén de facerse eco das queixas veciñais en relación ao estado no que se atopa a estrada de Fontán, a que une a beiramar, entre Bandourrío e O Touro, co lugar de Martín. Segundo fai saber a agrupación, os residentes esixen o arranxo integral da dita vía. Estas peticións van ser levadas a pleno.

A orixe do problema está na sobrecarga de tráfico rodado que recibe a estrada esta tempada ao estar cortada a rúa Romero Ortiz por obras, sendo a principal vía de acceso dos residentes que viven nestes barrios e máis no do Monumento. “Esta vía, duns 100 metros de longo, está sendo usada polas persoas que acceden á nova Comisaría de Policía Nacional pero tamén é usada pola veciñanza do Monumento e de Martín para acceder ao centro de Ribeira”, lembra o BNG, a través do seu portavoz Luís Pérez Barral, quen recoñece que recibiu a chamada de veciños para que se tomasen medidas “ante o mal estado de conservación do pavimento no que se poden ver fochancas e ausencia de sumidoiros ou de sinalización vertical e horizontal”.

Pérez Barral critica o que considera “unha mala planificación do Goberno local á hora de realizar as obras que afectan ao tráfico supoñan importantes molestias para a veciñanza por non habilitar alternativas para a boa circulación do tráfico”.

Así pois, tras escoitar as demandas trasladadas pola veciñanza, o BNG rexistrou unha iniciativa na que lle pide ao Concello “unha actuación dilixente para arranxar de maneira integral a estrada que une O Touro con Martín para que sexa máis segura tanto para peóns como para vehículos”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...