Adxudicada a remodelación provisional da fronte marítima de Aguiño

28 Abril 2022

O Concello de Ribeira informa de que foi adxudicada con caracter provisional a actuación dirixida a remodelar a fronte maritima de Aguiño.
Hai que recordar que este proxecto está enmarcado dentro da EDUSI ‘Máis Ribeira Atlántica’, que está cofinanciada polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
A empresa que obtivo a maior puntuación durante o proceso adxudicatario foi Canarga Construcciones conforme a unha oferta económica de 918.623 euros, IVE incluído.
A actuación abrangue entre a punta do Laño e o cruce da rúa Castelao coa estrada xeral que vai a Castiñeiras (1.720 metros de lonxitude). Unha primeira zona de actuación céntrase en Transporto, onde ademais da creación dun paseo pola beira do mar inclúe a habilitación dun espazo para uns vinte aparcamentos e a creación dunha zona de de Pump Track/Skate e outra de calistenia.
No contorno portuario construirase unha rotonda xeral de entrada ao porto e eliminarase o vial que pasa por diante da confraría e da fábrica de xeo para gañar en amplitude na praza existente, o que potenciará a súa capacidade para albergar eventos. Zonas verdes e de aparcamento serán remodeladas e crearanse dous tramos de empedrados.
Xa entrando na rúa Castelao crearase un carril bici que enlazará co que hai na rúa Torres Queiruga. Ademais, as beirarrúas serán ampliadas coa fin de garantir a accesibilidade e crearanse máis
aparcamentos, zonas verdes e pasos elevados. Ademais, habilitarase unha gradiña que servirá como miradoiro cara o Carreiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...