Xa están operativos os doce puntos de conexión de balde de Ribeira do proxecto WiFi4EU

28 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informou de que xa están en funcionamento os doce puntos Wi-Fi gratuítos habilitados noutros tantos puntos dentro proxecto WiFi4EU, froito do convenio subscrito entre Concello e a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Unión Europea, organismo hoxe en día substituído pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA).

O Mercado Municipal de Ribeira é unha das localizacións onde se activou o servizo

Segundo engadiron fontes do Consistorio, as persoas que queiran conectarse só terán que seleccionar o sinal Wi-Fi identificado como ‘Wifi4YOU’ e unha vez dentro aceptar as condicións. Os traballos destinados á implantación deste novo servizo gratuíto foron realizados pola empresa Wireless Galicia, S.L.

As doce localizacións son as seguintes:

  1. Praza do Concello
  2. Área da Oficina de Atención Cidadá (Casa do Concello)
  3. Interior do Mercado Municipal
  4. Centro Cultural Lustres Rivas
  5. Biblioteca Municipal
  6. Exterior da Oficina de Turismo do Malecón
  7. Parque merendeiro situado xunto á UAD
  8. Praia de Coroso (entorno da UAD)
  9. Complexo Polideportivo da Fieiteira
  10. Conservatorio Enrique Paisal
  11. Praza do Centenario
  12. Entorno da nova estación de autobuses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...