“Un goberno moribundo”. Antón Luaces

27 Marzo 2022

Un amigo que ten o mar como referente constante e a pesca como motivo existencial coida que os problemas que afectan a este sector non son, nen moito menos, de agora. E, de paso,

que non todos os que teñen que actuar e, en ocasións, decidir, se implican do mesmo xeito.

Este amigo, Edu, dicíame días pasados e cadrando con este período supostamente de folga no transporte – que agocha a realidade dun paro patronal por canto a convocatoria dese paro parte dos autónomos do transporte por estrada e non dos traballadores deste sector, nin de sindicatos representativos- mentres o Goberno rema nunha dirección, a oposición vai na contraria. Van, dicíame, coma “voitres tras a carroña, tentando dar o golpe de gracia a un Goberno moribundo”.

É probable, máis ben, seguro, que Edu teña a súa razón ou motivos para opinar deste xeito; pero eu non cualificaría de “voitres” a aqueles que non concordan co partido no goberno da nación, do mesmo xeito que tampouco concordo na súa opinión -que respecto, sen dúbida ningúnha- cando dí que o goberno está “moribundo”, por máis que en distintas  circunstancias está a facer o mesmo que facería un polo sen cabeza, ao meu entender.

Este Goberno ten o visto e prace de parte dos transportistas españois e dos armadores do sector pesqueiro para manter o actual estatus ata o martes, 29 de marzo. A partir desta data, xa veremos que fai e que fan aqueles que lle outorgaron a confianza no caso de que non se avance na solución ao problema.

En ambos os sectores da produción -transporte por estrada e pesca- esta é a máis prexudicada: o incremento no prezo do gásoleo afecta a ambos os dous. Pero a pesca, aínda que quixera, non podería dar saída ás súas capturas porque non disporía de medios de transporte para o traslado aos mercas de toda España do peixe capturado nos caladoiros nacionais e nos internacionais. Dito doutro xeito: podes meter a bordo dos barcos boas copadas de peixe, que este non vai poder ser trasladado dos barcos ao destino por carecer da posibilidade de poñer en ruta o peixe e marisco capturado.

É, polo tanto, un problema engadido. E a este deben sumarse outros. Por exemplo, a carencia de cotas de pesca e as vedas na pesca de determinadas especies: a cigala está pechada; o xurelo é artigo de luxo e só o poden pescar os tres ou catro que primero dean o lance; a cota de raia non se consume; a xarda, váiche boa… e o pouco que podes pescar podes trasladalo ás peixerías en vehículos menores, furgonetas, etc.

Nada de camións e, moito menos, se estes son de moita tonelaxe.

Polo tanto: os pesqueiros teñen que loitar contra a suba de prezos no combustible, a escaseza de cotas de peixe e os efectos na súa economía do paro o transporte por estrada.

Quen é, polo tanto, o moribundo?. Onde ficará o goberno cando a pesca marítima faga coma o robalo nas últimas boqueadas?.

Tal e como imos, semella que todos estamos a chamar aquí á porta do cimeterio e que os médicos só agardan á resposta dos medicamentos administrados ata o vindeiro martes. Se daquela non hai mellora na doenza, todos á pataqueira.  

Outros artigos

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

+

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

+

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

+

“En terreno de nadie”. Javier García Sánchez

Llevo tiempo analizando los numerosos problemasque tienen los emigrantes que ahora, creo, se van aincrementar con la reforma del Reglamento deExtranjería que entró en vigor el pasado martes. Paramí el nuevo texto, la nueva normativa, tiene muchascuestiones negativas....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siempre la misma música estéril” – Manuel Domínguez

“Siempre la misma música estéril” – Manuel Domínguez

Siempre la misma música estéril Uno solo no puede hacer nada, y así hoy, mañana y pasado y ayer también. La hermana Francés Cabrini, no estaba allí para escuchar esas palabras huecas, vacías, pero llenas de fracaso. Ella desembarco en NY en la isla Ellis, antiguamente...

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

Este Día das Letras Galegas gocei dunha conversa brevísima, cun galego falante ao que lle deixei nota no parabrisas pedindo que me chamase, para facerme cargo dun rascón que vise no seu coche. Chamoume pola tarde, falamos non máis de medio minuto, pola súa parte nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.