Teatro do Noroeste representa Gloria Nacional o día 25 no Auditorio de Rianxo

07 Marzo 2022

O venres 25 de marzo a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo dará acollida ao Teatro de Noroeste para representar a obra Gloria Nacional, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022. Gloria Nacional é un espectáculo escrito por Eduardo Alonso que nos propón, en palabras da compañía, “unha fermosa reflexión sobre o lugar que ocupa o creativo e a cultura na sociedade actual”.

O reparto está formado por Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela.

A entrada é de balde, pode facerse a reserva a través da web municipal.

Argumento

Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudo, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, a través do seu presidente, antigo camarada de Uxío, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital: unha escultura que represente e simbolice á nación. A Uxío cústalle encarar o seu traballo, está en crise creativa, e estando nestas recibe a visita, primeiro do seu representante e marchante nos mercados internacionais e despois a da propia ministra de cultura do seu país. O actual debate, arte, cultura, mercados e política está servido.

Outros artigos

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.