Os socialistas de Ribeira presentan sete puntos a engadir ao PMUS local

08 Marzo 2022

O PSOE de Ribeira presentou unha serie de propostas para complementar o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel). Trátase de cinco puntos que xa foran presentados previamente en pleno pola agrupación socialista e que son un convite a mellorar e facer máis seguros os desprazamentos en bici, a incrementar as facilidades para os condutores que aposten por automóbiles eléctricos,

1.-Que se proceda ao trazado, marcado e sinalización de carrís bici en todas as zonas peonalizadas ou de preferencia peonil nas que isto sexa posíbel. Que se proceda á revisión e adecuación dos carrís bici existentes, eliminando os obstáculos que entorpecen o uso dos mesmos e optimizando o seu
trazado para propiciar unha mellor utilización. Que se engadan á Ordenanza Municipal existente os artigos necesarios para regular o tráfico de bicicletas e VMP nas zonas peonís existentes e, de ser necesario, que se redacte unha Ordenanza Municipal Reguladora do Trafico adecuada ás circunstancias actuais.

2.-Que o Concello de Ribeira proceda á instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, de potencia suficiente para a realización dunha carga rápida nos lugares de maior afluencia de visitantes, para que nestes poidan recargar os vehículos e aumentar en consecuencia a súa autonomía. Como complemento a isto, e para favorecer a implantación dos vehículos eléctricos os socialistas suxiren a modificación da Ordenanza Municipal para reducir o Imposto Municipal de Circulación aos vehículos eléctricos e mesmo suprimila en casos determinados a estudar na redacción destas taxas.

3.- Que o Concello inste á Policía Local a extremar a vixilancia e, no seu caso, a denunciar as infraccións cometidas en contra das Ordenanzas Municipais de Trafico e contra o vixente Regulamento de Circulación, especialmente no relativo á circulación por vías sinaladas como expresamente prohibidas.
Que se insista ante as Administracións titulares das vías en cuestión para que se instalen elementos que favorezan a diminución da velocidade nestas zonas (Castiñeiras, recta de Carreira a Aguiño e outras localizacións máis) nas que son sistematicamente e perigosamente incumpridos.

4.- Que se cumpra, o máis axiña posíbel, o acordado no pleno do 10 de xaneiro de 2022 en canto a que o PMUS “someterase especialmente a consideración da Mesa de Peonalización para a súa revisión”.

5.- Que se reforcen as tarefas de mantemento da sinalización existente, tanto vertical como horizontal, así como dos elementos que contribúen a facilitar a circulación de vehículos e peóns (semáforos, espellos, resaltes, etc.) e adecuar a sinalización e os elementos ás circunstancias actuais, especialmente no referente aos límites de velocidade nos núcleos de poboación, facendo especial fincapé no limite de 30 km por hora dentro destes. Estas accións non deben limitarse soamente ao centro urbano, senón que todas as parroquias deben ser obxecto de igual seguimento e adecuación para un correcto cumprimento das normas, segundo explican os socialistas.

6.- Que o PMUS garanta o cumprimento da Lei de Accesibilidade, tanto no centro urbano como en todas as parroquias.

7.- Que o PMUS recolla o estudo realizado pola Fundación RIA para o desenvolvemento de lanzadeiras locais até aparcadoiros disuasorios unindoos por unha liña de autobuses eléctricos que integrase as diferentes localidades do Barbanza coa Estación do Tren de Padrón. Esta acción debería ser coordinada polos diferentes concellos e debería ter como obxectivo a construción e posta en funcionamento dunha estación na Liña de Alta Velocidade cunha localización mais adecuada que a actualmente existente preto de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.