O Concello de Ribeira acolle a entrega de premios dos concursos de disfraces de Entroido e da Ruta de Tapas

30 Marzo 2022

O salón de plenos do Consistorio acolleu este mediodía o acto de entrega de premios dos concursos de disfraces de Entroido así como ao establecemento gañador da Ruta de Tapas nun acto que contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz e do concelleiro de Cultura, María Sampedro.

No que se refire ao certame de disfraces posto en marcha na noite do luns 28 de febreiro, estes foron os galardoados:

Categoría individual


POSTO

NOME DO DISFRAZ

NOME E APELIDOS

PREMIO
CRISTINA PEDROCHE 2022María Parada Gómez150€
MAN IN THE BOX (HOME NA CAIXA)Gonzalo Lages Argibay75€
LOBISHOMERubén Martínez Santamaría50€

Categoría Parella


POSTO

NOME DO DISFRAZ

NOME E APELIDOS

PREMIO
PAVO REALEncarna Bretal Laranga250€
ASALTANTES DO CAPITOLIOCarlos Rey Estévez150€
PAXARRACOSXana Ledo Díaz100€

Categoría Grupo

POSTONOME DO DISFRAZNOEME E APELIDOSPREMIO
MANDALORIANOS (STAR WARS)Jonathan Vázquez Rama500€
FAMILIA “COCO”RIBEIRAMónica Martínez Teira300€
MULÁN E A ARMADA CHINAMaría Belén Franco Doval200€

No que se refire á Ruta de Tapas do Pequeno Entroido (días 5 e 6 de marzo), o Concello destacou “o auxe experimentado na iniciativa”, que se na súa anterior edición (ano 2020) participaron 5 locais tendo como gañador A Galeguiña, nesta ocasión foron 14, incluíndo tres pertencentes á parroquia de Corrubedo. Resultou gañador o restaurante Golimbreo, que recibiu un agasallo de artesanía galega e un diploma.

Ademais, entre o público participante na ruta sorteouse un pack experiencia que lle foi entregado a Marisol Filgueira González.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.