O CIFP de Coroso, presente nas olimpíadas estatais de Formación Profesional

23 Marzo 2022

Unha trintena de alumnos compoñen a delegación galega que compite esta semana nas olimpíadas estatais de Formación Profesional, as Spain Skills 2022. Toman parte nesta competición os estudantes que acadaron medalla de ouro na fase galega do certame, Galicia Skills 2021. En concreto, Galicia presenta 29 competidores que participan en 27 habilidades, a totalidade das competicións oficiais que compoñen o certame. Ademais, a nosa terra terá representación en tres modalidades de exhibición: Robótica colaborativa, Sistemas robóticos integrados e Industria 4.0.

Até o venres 25

As Spain Skills 2022 desenvólvense entre hoxe e o venres 25 no recinto feiral IFEMA de Madrid e nelas mediranse as competencias de alumnos das 17 Comunidades Autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. A competición en si realizarase o mércores, xoves e venres, mentres que a entrega de medallas será o sábado a mediodía.

A relación de compoñentes da delegación galega está integrada polos seguintes centros: IES Agra de Raíces (Cee), CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), IES Politécnico de Vigo (Vigo), CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), IES María Sarmiento (Viveiro), CIFP Imaxe e Son (A Coruña), CIFP Ferrolterra (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), CIFP Politécnico de Lugo (Lugo), CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), IES 12 de Outubro (Ourense), IES Montecelo (Pontevedra), CIFP As Mercedes (Lugo), IES Politécnico de Vigo (Vigo), CIFP Politécnico de Lugo (Lugo), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), CIFP Someso (A Coruña), CIFP As Mercedes (Lugo), CIFP Manuel Antonio (Vigo), CIFP As Mercedes (Lugo), CIFP Coroso (Ribeira), CIFP Fraga do Eume (Pontedeume), IES María Sarmiento (Viveiro), CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), IES María Sarmiento (Viveiro), IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES Montecelo (Pontevedra), CIFP Ferrolterra (Ferrol), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e CIFP Politécnico de Lugo (Lugo).

Polo que se refire ao CIFP Coroso (Ribeira), compite en Reparación de carrozaría, a través do alumno Iago Castro Abuín, contando coa colaboración do seu titor Manuel García Deus.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.