O alcalde de Ribeira proporá aos grupos destinar medio millón de euros a medidas de axuda á poboación ante o embate da crise

19 Marzo 2022

O alcalde de Ribeira convocou para este martes unha xunta de voceiros coa fin de sondear cos grupos políticos da Corporación a viabilidade de lanzar un paquete de medidas que axuden á poboación a sobrelevar os efectos da crecente crise económica que se está vivir de maneira global nestes momentos, nos que algúns analistas apuntan incluso á posibilidade dunha estanflacion.
Neste senso, a intención inicial sería destinar a tales medidas unha cantidade aproximada de medio millón de euros co ánimo de estimular a economía local, incluíndo sufragar a adquisición de produtos básicos como a alimentación e outros.
A financiación desta cantidade procedería do excedente de fondos que se prevé transfira o Estado ao Concello neste exercicio, xa que optar por outras alternativas, como a posibilidade de adoptar rebaixas
fiscais, entrañaría menores ingresos e con elo poría en risco a prestación de servizos municipais na súa configuración actual. Hai que ter en conta a este respecto que tamén que as arcas da administración ribeirense están a sufrir os efectos da crise co encarecemento dos costes enerxéticos ou o incremento dos prezos do material de construción que fixeron que quedara deserta algunha licitación (a máis recente, o paso sobre o río Listres) e previsiblemente variarán á alza os orzamentos de próximos proxectos de obras.
A xunta de voceiros está programada para a unha e media da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.