Licitas as obras para ampliar a liña de abastacemento na avenida da Paz en Palmeira

18 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa da licitación das obras dirixidas a ampliar a liña de abastecemento da avenida da Paz, situada dentro da parroquia de Palmeira na saída da autovía AG-11.
O obxectivo fundamental que se persegue con esta iniciativa reside en atallar os problemas de escaseza de subministro de auga que se producen con certa frecuencia na época de verán nas zonas altas da parroquia de Palmeira e na avenida da Coruña en Ribeira. Tales problemas están motivados fundamentalmente polo notable aumento de poboación en datas estivais co conseguinte incremento de consumo nas zonas baixas, provocando que chegue menos caudal ás zonas de maior cota.
Para solucionar estas eivas vaise crear unha conexión directa da liña de auga que descorre pola estrada DP-7310 ata a autovía AG-11 procedente do depósito de Moldes, adonde chega desde o río Ulla,
coa rede de abastecemento existente no lugar da Carballa.
As obras consistirán na instalación de 509 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade con 110 milímetros de diámetro e 16 de presión nonimal, ademais dunha válvula de comporta, unha válvula
de baleirado, unha ventosa e unha conexión en carga á rede existente na parte superior e un entronque convencional na parte inferior.
A liña será instalada en zanxa pola beiravía da estrada de acceso á autovía agás no tramo de paso superior existente, onde para non afectar á estrutura se colocará superficialmente na beiravía próxima.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.