JEALSA e AZTI implementan unha tecnoloxía para reducir ao mínimo as capturas accidentas na frota atuneira

30 Marzo 2022

A conserveira boirense JEALSA e o centro tecnolóxico AZTI veñen de establecer unha alianza para dar novos pasos en sustentabilidade pesqueira e marítima. O acordo porá o foco na actividade da frota atuneira, un ámbito que se ben deu pasos importantes para reducir impactos no medio mariño, chegando a pesca do cerco atuneira a ostentar porcentaxes baixas de pesca incidental (de entre o 1 e o 2%), aínda mostra unha marxe posíbel de novos esforzos ambientais e sustentábeis. Neste senso, o obxectivo de JEALSA é “seguir traballando para protexer as especies mariñas, sobre todo as máis vulnerábeis como poden ser as quenllas e mantarraias”.

O Sant Yago Tres de JEALSA

Por iso, co “fin de seguir diminuíndo a dita porcentaxe de captura incidental na pesca de atún”, JEALSA e AZTI, centro de investigación especialista na cadea de valor alimentaria e marítimo-pesqueira, anunciaron o desenvolvemento dunha innovadora solución que permite a liberación inmediata de quenllas e mantarraias, devolvéndoas ao mar para que poidan continuar o seu ciclo de desenvolvemento vital. En concreto, trátase dun dispositivo selectivo denominado hopper; situado na escotilla de carga do buque, que, segundo informa a conserveira de Boiro “funciona como unha bandexa selectiva para liberar de forma eficiente desde a cuberta ás especies vulnerábeis”.

O dispositivo incorpora unha canaleta que opera a xeito de rampla, onde se deposita aos animais para que se deslicen facilmente cara á auga, o que “reduce o tempo de liberación e minimiza a súa tensión, favorecendo a súa supervivencia”. Amais destas vantaxes, a tecnoloxía desenvolvida é quen de mellorar as condicións de seguridade da tripulación, ao reducir a carga e a manipulación de especies pesadas e potencialmente perigosas.

“Estamos moi satisfeitos de iniciar este proxecto en colaboración con AZTI, porque é un dos principais centros tecnolóxicos a nivel mundial, cunha ampla experiencia en investigación mariña”, sinalou Ángeles Claro, directora de Sustentabilidade de JEALSA e do programa de responsabilidade ambiental corporativa We Sea.

Este novo desenvolvemento intégrase dentro do eixo Compra e pesca responsábel do programa We Sea, a través do cal “establecemos as directrices que garanten unha orixe responsábel das nosas materias primas”, engade a directora de Sustentabilidade.

O novo dispositivo instalouse no buque conxelador Sant Yago Tres de JEALSA, converténdose no primeiro buque de propiedade española que opera en augas do Atlántico oriental que o incorpora, ademais do primeiro en usalo para a liberación de mantarraias. O deseño e emprego do mecanismo está a ser monitorizado polo centro tecnolóxico AZTI no marco dunha serie de iniciativas apoiadas polos fondos europeos Next-Generation.

O doutor Jefferson Murua, investigador de AZTI, apunta que “o hopper con rampla en atuneiros conxeladores é un equipo selector que optimiza a aplicación das prácticas de liberación para as especies accesorias na cuberta do barco”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.