En Ribeira arrancan os traballos de reforma dunha antiga nave portuaria para servizos asociados á nova terminal de autobuses

24 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa do inicio dos traballos dirixidos a reformar unha antiga nave
do porto de Ribeira coa fin de prestar alí servizos asociados á nova Terminal Central de Autobuses fronte á praza Heroínas de Sálvora.
Neste senso, de acordo co proxecto técnico, elaborado polo arquitecto Carlos Seoane, a estrutura contará cunha zona de espera subdividida en dous espazos (unha de asentos e outra para estar de pé, con superficies de 25,4 e 41,1 metros cadrados, respectivamente), ademais de crear dous aseos (un apto para
persoas con mobilidade reducida) e dispoñer un punto de venta de billetes integrado por dúas oficinas, cada unha con entrada independente dende o exterior.
A intervención pretende harmonizar co contorno conservando rasgos como a cuberta e o ritmo dos piares en resalto que vinculan co resto dos almacéns desta parte do porto.
A obra foi adxudicada a Abootec Promociones y Gestiones Inmobiliarias, S.L. e composta un investimento de 64.009 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.