En Ribeira aprobadas as declaracións de necesidade para licitar cinco obras en catro parroquias

08 Marzo 2022

O Concello de Ribeira vén de aprobar a declaración de necesidade de cinco actuacións localizadas en Aguiño, Corrubedo, Carreira e Palmeira, que suman un investimento de 700.559,55 euros, paso previo para que o departamento municipal de contratación as saque a licitación.

A rúa Chaprado de Corrubedo

En concreto, as obras a licitar consisten no pavimentado, saneamento e abastecemento en Braña do Muro en Aguiño (cun investimento de 133.104,94 euros); na pavimentación e renovación das redes de auga para consumo e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro en Aguiño (189.765 euros); na pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira en Corrubedo (92.687,79 euros); no saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións en Carreira (154.081,94 euros) e na instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de Sampedro en Palmeira (130.919,88 euros).

Fontes do Concello lembran que o pasado mes abríronse as ofertas para a contratación doutras doce obras dedicadas a pavimentacións, saneamentos e outros servizos en Aguiño, Castiñeiras, Oleiros, Olveira, Palmeira e Santa Uxía por valor de 1.246.467,61 euros. Presentáronse un total de 208 propostas e están pendentes de adxudicación.

A rúa Celso Emilio Ferreiro en Aguiño

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.