En Ribeira, adxudicada a renovación do pavimentado e rede de pluviais na rúa do Castro (Castiñeiras)

04 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informou da adxudicación dos traballos para renovar o pavimento e a rede de pluviais na rúa do Castro na parroquia de Castiñeiras.

Entre as 18 ofertas presentadas, a intervención recaeu en Excavaciones Nima por un importe de 81.895,51 euros, IVE incluído.

O obxectivo que se persegue é “mellorar o estado actual dunha rúa que posúe un pavimento de beirarrúas de baldosa hidráulica e unha calzada de aglomerado asfáltico, ambos en mal estado, así como un tramo con rede de pluviais que non rexistra un óptimo funcionamento”, segundo explicaron fontes do Concello, engadindo que “conforme ao proxecto técnico elaborado”, dotarase a vía dunhas novas beirarrúas a base de formigón semipulido previa colocación de bordos de formigón. Á calzada será de aglomerado asfáltico en quente.

En canto á rede de pluviais, instalarase unha rede de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro, que se unirá á rede xeral.

O prazo de execución son tres meses.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.