Eliminado un vertido de augas residuais cara á praia de Mañóns en Abanqueiro Boiro

20 Marzo 2022

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais que se producía nun rego innominado que desemboca na praia de Mañóns, no concello de Boiro.
Este foco foi localizado na parroquia de San Cristovo de Abanqueiro, no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, nos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
As inspeccións de seguimento permitiron identificar a orixe da contaminación nunha rede de pluviais con achegas contaminantes no lugar de Triñáns.
Os técnicos da Xunta comunicaron esta situación ao Concello de Boiro para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.
Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron que as obras de substitución dun tramo de condución da rede de saneamento municipal que acadaba a rede de pluviais citada, levadas a cabo pola entidade local, permitiron a emenda do vertido.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...