As obras do novo polígono de Ribeira poderían licitarse de cara ao verán

15 Marzo 2022

Na mañá deste 15 de marzo celebrouse no Consistorio de Ribeira unha xuntanza entre o alcalde, Manuel Ruíz, e os representantes da Asociación de Empresarios local, con vistas a avaliar o desenvolvemento do novo polígono industrial e levar a cabo as operacións precisas para axilizar a súa tramitación.

No transcurso do encontro informouse de que están en fase de redacción tanto os proxectos de expropiación e urbanización como os servizos arqueolóxicos e, “de non xurdir imprevistos”, a “conclusión destes traballos está establecida para comezos deste verán”. Isto significa que daquela xa será posíbel impulsar o procedemento para acceder á compra de parcelas, unha vez concretadas as características das mesmas e o seu custe final, que roldará os 50 euros por metro cadrado.

Ademais, prevese que a licitación das obras de execución do proxecto construtivo se poida sacar a contratación tamén no verán e que os traballos puideran iniciarse no último trimestre do 2022.

Por outra parte, dado o alto interese constatado entre os empresarios locais a través da súa Asociación, acordouse solicitar unha entrevista co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo co obxecto de “estudar as posibilidades de ampliación do polígono empregando a zona onde se viña localizando o chamado macropolígono”.

Os empresarios tamén manifestaron o seu interese en coñecer da Deputación o estado do proxecto de ampliación e mellora da estrada DP-7310 dende A Carballa ata a Moldes, que será unha das vías de acceso á área industrial.

Cómpre lembrar que o novo polígono, con 258.000 metros cadrados de superficie, estará situado no entorno de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira.

O proxecto de expropiación está sendo desenvolvido por Fernández Carballada y Asociados; e o de urbanización, por Monsa Urbanismo. En canto aos servizos de arqueoloxía, están sendo elaborados por Árbore Sociedade Cooperativa Galega.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.