Amicos formou a 15 persoas en operacións básicas de recepcionista

11 Marzo 2022

Amicos entregou este venres 12 os diplomas acreditativos do curso de Operacións básicas de recepcionista – bedel ás 15 persoas que participaron no mesmo. A formación forma parte do Programa Más Empleo, financiado por Fundación La Caixa e o FSE, e impulsado por Amicos.

No acto estivo presente Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, que se mostrou “encantada” de colaborar neste tipo de iniciativas que promoven a formación e a inserción das persoas con discapacidade. Grazas ao Concello de Ribeira o curso puido desenvolverse nas aulas de Cristóbal Colón.

Os alumnos, a través das 20 horas impartidas, adquiriron as competencias profesionais requiridas para desenvolver tarefas propias do posto de recepcionista ou bedel en entidades e empresas de forma eficaz e de acordo á situación e momentos concretos.

O curso tivo unha duración de 20 horas repartidas entre o luns, 7 de marzo de 2022, e o venres, 11 de marzo de 2022 en horario de 10:00 a 14:00 horas e foi impartido por Recursos Galicia.

Keltoi Cameán, técnico do Programa Más Empleo, sinalou que “Amicos leva desenvolvendo este programa dende 2017 e o ano pasado logramos alcanzar o máximo de persoas con discapacidade inseridas na comarca”. Engadiu: “En este 2022 xa levamos máis de 40 participantes no programa e agardamos que algunhas destas persoas sexan inseridas en Ribeira”.

A seguinte formación titulada Expendedor/a de combustible comezará o luns, 4 de abril de 2022, na Aula Activa do Mar de Rianxo e tamén está dirixida ás persoas con diversidades funcionais e cognitivas. Será gratuíta e en horario de 10:00 horas a 14:00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...