A AEP celebra este domingo a cuarta edición do Outlet Portosín

07 Marzo 2022

A AEP, Asociación de Empresarios de Portosín, en colaboración co Concello, organiza o vindeiro domingo (domingo 13 de marzo) a cuarta edición do Outlet Portosín. Como de costume, habilitaranse na praza do Curro unha serie de tendas baixo carpa en horario de 12.00 a 20.00 horas. Achegaranse descontos de até un 70%. O programa de actividades, amais das promocións e os descontos ao servizo da cidadanía, incluirá xogos populares pola tarde (a partir das 16.30 horas) para os máis pequenos e outras actividades (por exemplo un obradoiro de pintacaras en horario de 12.00 a 14.00 horas).

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.