Abre en Ribeira o prazo para contratar seis auxiliares de policía

24 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informou da apertura do prazo de presentación de instancias para a contratación temporal de seis auxiliares de policía e para a formación de bolsas de emprego tanto para persoal de atención nas oficinas municipais de información turística como para contar cun técnico ou técnica de orientación laboral, en previsión da substitución do posto.

As solicitudes para tomar parte nestes procesos selectivos farase durante un prazo de dez días hábiles (ata o 6 de abril). As bases e o modelo de instancia están dispoñíbeis no taboleiro de anuncios do Concello (sede electrónica) e na web municipal.

No caso dos auxiliares da policía, a duración dos contrato será de seis meses.

Técnico de administración xeral

Por outra parte, o Boletín Oficial do Estado anunciou a apertura do prazo de solicitudes durante vinte días naturais para a contratación por concurso-oposición dunha praza de técnico de administración xeral na rama xurídica (grupo A, subgrupo A1).

As bases poden ser consultadas na edición do 25 de febreiro de 2022 do Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.