Aberto o prazo de inscrición para cursar o obradorio preparatorio da proba de acceso ao Conservatorio de Ribeira “Enrique Paisal”

03 Marzo 2022

O Conservatorio de Música Profesional ‘Enrique Paisal’ convoca un obradoiro de preparación da proba de acceso a este centro musical situado en Ribeira. O seu director, Álvaro López, e mais a concelleira de
Educación do Concello, Juana Brión, explicaron os pormenores para poder participar nun curso que está dirixido a nenos e nenas de entre os 8 e os 14 anos.
O prazo de inscrición abre hoxe 3 de marzo e hai prazas limitadas.
As clases terán lugar en 4 sesións de frecuencia semanal distribuídas entre o 21 de marzo e o 24 de abril, con tres grupos de alumnos (12 máximo en cada un deles) que acudirán en días distintos (máis información nos cartaces adxuntos).
Álvaro López recalcou que a proba de acceso ten carácter obrigatorio nos conservatorios e manifestou que se traballarán cos nenos diferentes aspectos que se precisan para poder tocar instrumentos, como a psicomotricidade, o ritmo, o pulso. Será impartido polo profesorado do centro.
As inscricións son por orde de entrega unha vez descargado o formulario dispoñible na páxina web do Concello (www.ribeira.gal) e que deberá ser enviado por correo electrónico a secretario.conservatorio@ribeira.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...