Ribeira solicita a súa adhesión á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

23 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de solicitar a súa adhesión á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes: unha entidade instituída no 2018 polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que ten como obxectivo “liderar o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía e desde a sustentabilidade”. Está integrada por máis de 250 membros (entre concellos, asociacións, fundacións, deputacións, mancomunidades, comarcas, empresas públicas, organismos nacionais e colaboradores).

Coa súa adhesión, Ribeira persegue beneficiarse da promoción de sinerxías e da transferencia de coñecementos que se produce no seu seo, contribuíndo con isto “a mellorar as potencialidades do noso municipio como destino turístico, o cal foi seleccionado para a posta en marcha dun Plan de Turismo Sustentábel entre os anos 2022 e 2023 co-financiado con fondos europeos Next Generation”.

Dende o Consistorio de Ribeira destacan que a Rede ten liñas de traballo abertas de índole interna (realizando accións de asesoramento e promovendo o intercambio de experiencias e boas prácticas entre os seus membros) e tamén externas (dando visibilidade aos destinos turísticos intelixentes nos ámbitos nacional e internacional e contribuíndo a poñer de manifesto o liderado de España en intelixencia turística).

A Rede conta actualmente con 29 membros galegos: 16 concellos (Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Ourense, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Triacastela, Vigo e Vilagarcía), 3 deputacións (Lugo, Ourense e Pontevedra), 3 mancomunidades (Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, Mancomunidade do Salnés, Mancomunidade Barbanza Arousa), 3 asociacións (Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta e Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal), o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Turismo de Santiago de Compostela e dous colaboradores: Avivae Soluciones Estratégicas e Destination Lab Consulting.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...