O PSOE de Ribeira pide ao Goberno local que arranxe a calzada da rúa Marcial de Adalid

16 Febreiro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do concelleiro e voceiro José Manuel Vilas, presentou un rogo para ser devandito en pleno relativo ao estado no que se atopa a rúa Marcial de Adalid, na parroquia de Ribeira, a altura do enlace coa rúa Rosalía de Castro, que segundo lembran os socialistas cómpre ser mellorada para incrementar a seguridade e máis accesibilidade. Sen ir máis lonxe, o PSOE fai saber que os días pasados unha asistenta social estivo a piques de sufrir unha caída xunto coa persoa dependente á que acompañaba na súa cadeira de rodas. “E todo debido ao mal estado ca calzada”, sinala o grupo, engadindo que xa se teñen escoitado queixas de persoas maiores polos problemas e perigos que o firme en mal estado lles provoca.

En virtude de todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE Ribeira fai ao grupo de Goberno o seguinte rogo:

-Que por parte de quen corresponda, se dea orde para efectuar a reparación de dito tramo de calzada, a maior brevidade posíbel, co fin de evitar accidentes, e que estes sexan de gravidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...