O PSOE de Ribeira di que o tendido eléctrico do Touro está en risco polas árbores do paseo

26 Febreiro 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentaron ao pleno da Corporación un rogo relativo ao paseo da praia de Touro e, máis concretamente, ás árbores do devandito paseo.

Segundo informan, no paseo existen unhas árbores que “debido á falta de mantemento por parte do Concello medraron entrando as súas pólas en contacto co tendido eléctrico existente na zona, chegando a ocultalo e enganchalo, o que fai que en condicións de vento forte o tendido poida ver comprometida e a súa integridade e illamento”.

O PSOE engade que “esta situación é evidentemente perigosa e provocou queixas por parte dos veciños que demandan ao equipo de Goberno que cumpra coas súas obrigas, unha das cales é manter as condicións de seguridade para todos os usuarios das rúas”.

Por todo o devandito piden que “que por parte de quen teña a responsabilidade de facelo, se proceda a solucionar esta eiva de maneira que a seguridade dos viandantes e veciños da zona véxase garantida”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...