O parque de Corrubedo e Galicia, parada para 26.000 aves migratorias acuáticas

02 Febreiro 2022

Os seis humidais de importancia internacional de Galicia son parada preferente para máis de 26.000 aves acuáticas invernantes. Así se recolle nunha publicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre os exemplares migratorios que fan a ruta do Atlántico leste, e que cada mes de xaneiro escollen Galicia como morada.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, que esta mañá se achegou á lagoa de Vixán de Ribeira co gallo do Día mundial do humidais, salientou a importancia dos humidais galegos, pois a estes, se se lle suman as zonas húmidas e de litoral, “son o acubillo para un total de 124.000 aves que se desprazan milleiros de quilómetros e atopan aquí alimento, refuxio e descanso, antes de retomar a súa ruta”.
O censo Aves acuáticas invernantes en Galicia recompila a información recollida nos últimos 35 anos, concretamente no período 1987-2021, sobre os exemplares que se avistaron, como mínimo nunha ocasión, en 84 puntos galegos.


Defendeu que a celebración de efemérides como o Día mundial dos humidais, que se conmemora cada 2 de febreiro desde 1971 e que este ano por primeira vez se celebra como Día Internacional das Nacións Unidas, pon en valor a importancia do papel vital destas zonas non só para a natureza, senón tamén para as persoas.
Nese sentido, invitou á sociedade galega a sumarse e participar do lema desta edición. Actuar polas zonas húmidas é actuar pola humanidade e pola natureza, apostando pola súa conservación e usándoas de xeito racional e sostible.
Belén do Campo subliñou que Galicia é a cuarta comunidade autónoma de España cun maior número de humidais de importancia internacional incluídos na listaxe Ramsar, os citados seis: a ría do Eo e Ribadeo; o complexo das praias, dunas e lagoas de Corrubedo; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-O Grove; a ría de Ortigueira e Ladrido; e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se engadiu á listaxe en maio de 2021. Ademais, estes espazos forman parte da Rede galega de espazos protexidos.

A modo de exemplo, destacou os valores da lagoa de Vixán, que forma parte do humidal de Corrubedo, cunha superficie de 984 hectáreas e declarado en 1993, que ten como peculiaridade o feito de ser colindante coa illa de Sálvora e forma parte do último destes espazos declarado Ramsar en Galicia, o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...