O Executivo de Ribeira propón un total de 16 actuacións no Plan POS+2022

O alcalde vén de presentar aos grupos políticos municipais en xunta de voceiros a proposta de actuacións a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación POS+2022: un documento que abarca un total de 16
actuacións, así como outras partidas destinadas ao Servizo de Atención do Fogar e reducir débeda. Está previsto someter o Plan á aprobación do pleno o próximo mércores ás oito da tarde.
Como criterios á hora de confeccionar esta proposta, tívose en conta en primeiro lugar as cinco actuacións máis demandadas na enquisa pública levada a cabo o mes pasado entre a cidadanía, catro das
cales figuran no POS principal (nas parroquias de Palmeira, Carreira, Corrubedo e Artes) e unha no POS complemetario (grada na Fieiteira). O resto de proxectos son propostas acordadas en pleno: por exemplo, os saneamentos previstos en Olveira e Castiñeiras ou distintas obras de accesibilidade pola preocupación dalgún grupo.
En suma, o POS principal (para o que hai consignado unha cantidade de 903.569,44 € ) comprende as seguintes 9 actuacións, unha por parroquia do municipio:

  1. Renovación de servizos e pavimentación da rúa da Cambra (Palmeira)
  2. Parque infantil A Capela e Parte ao Río (Carreira)
  3. Ampliación das pistas de Saamil en Corrubedo.
  4. Parque infantil e acondicionamento de parcela en Artes
  5. Mellora da accesibilidade e pavimentación da rúa Carreiro (Aguiño)
  6. Renovación da liña de auga potable e instalación de pluviais no lugar da Ameixida (Castiñeiras)
  7. Mellora da accesibilidade en beirarrúas e saneamento en Gándara (Oleiros)
  8. Instalación de saneamento e pavimentación no lugar de Sirves (Olveira)
  9. Pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento (Ribeira)

  • E no POS Complementario, que a falta de cadrar os últimos números rondará os 700.000 €, estarían:
  • Gradas na Fieiteira
  • Pavimentación e instalación de saneamento na prolongación da rúa do Colexio (Corrubedo)
  • Mellora da accesibilidade e pavimentación na rúa Praia da Ribeira (Aguiño)
  • Mellora da accesibidade e pavimentación da rúa Luis Seoane (Aguiño)
  • Pavimentación e renovación de servizos na rúa Padre Feijoo e rúa Arcebispo Xelmírez
  • Mellora de accesbilidade no parque Horta do Cura Beirarrúas na rúa Alcalde Fernández Bermúdez.

Unha vez máis, as parroquias aglutinan cun 84% a gran maioría da inversión en tanto que o 16% restante iría destinado á capital. En gasto por habitante, en Santa Uxía sería de 18,5 euros e nas parroquias de 103 euros.

Axuda no fogar e redución de débeda Ademais, a proposta inclúe destinar 133.761,85 € ao servizo de axuda no fogar e outros 28.663,25 € a redución de débeda.

Por último, cómpre manifestar que o alcalde se comprometeu a sacar adiante a maioría do resto de obras solicitadas polos grupos, que non foron incluídas no POS ben por non cumprir os requisitos deste plan provincial ou ben porque xa existen solicitudes de subvención estatais e da Xunta para levalas a cabo, puidendo financialas por tanto con estas achegas ou utilizando o remanente do ano 2021.

Entre as mesmas figurarían a cubrición do parque infantil de Abesadas, a pacificación do tráfico na Ameixida e Revolta, a humanización da rúa Mendiño ou a creación de aseos publicos.