O Concello de Boiro leva a cabo obras de pavimentado na rúa Nova

22 Febreiro 2022

O Concello de Boiro comezou os traballos de pavimentado na zona da rúa Nova, unha actuación incluída no proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos con cargo ao POS da Deputación da Coruña. O Concello de Boiro, con fondos propios, completou as actuacións que se levaron a cabo na zona para o acondicionamento íntegro do espazo.

A obra comprende o fresado de actuación e o posterior pavimentado da rúa, con especial incidencia no peraltado da rúa de leste a oeste, co obxecto de que as augas da choiva se recollan axeitadamente na rede de sumidoiros instalada hai pouco. O Concello de Boiro está actuando en toda a zona, levando a cabo unha reordenación dos espazos de aparcamento para mellorar a circulación da zona e a seguridade viaria.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.