O arquipélago de Sálvora recibirá preto dun millón de euros do Plan Xacobeo Next Generation

28 Febreiro 2022

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa, un dos 12 Bens de Interese Cultural (BIC) que se van a rehabilitar a través dos 27,4 millóns de euros que Galicia recibirá no marco do Plan Xacobeo Next Generation.

Sálvora con Aguiño (Ribeira) en primeiro plano

Segundo dixo, este financiamento permitirá poñer en valor o patrimonio histórico ao longo dos Camiños de Santiago a través da súa rehabilitación para “o desfrute dos visitantes e incluíndo melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, así como medidas coas que impulsar a modernización ou dixitalización destes espazos”.

Ademais da Casa Museo Valle Inclán, son BIC beneficiarios destes fondos a Fortaleza de Monterrei, que percibirá 16,9M€; o parque do Pasatempo en Betanzos (1,8 M€); o arquipélago de Ons (1,69 M€); a paisaxe cultural da Ribeira Sacra (1,69 M€); a Ribeira do Lérez desde As Xunqueiras ata as Aceñas (1,21 M€); a Torre de Hércules (1,2 M€); o arquipélago de Sálvora (968.000€); o cárcere vello de Tui (484.000 €); as Torres do Oeste de Catoira (363.000 €); o conxunto histórico de Mondoñedo (330.000 €); e o castelo de Santa Cruz da Guarda (242.000€).

Os 27,4 millóns que se investirán na rehabilitación de 12 BICS da comunidade supoñen o 40% dos 65 millóns destinados no conxunto de España a este fin. Forman parte ademais dos máis de 47 millóns do Plan Xacobeo Next Generation, que ademais destas melloras no patrimonio histórico para usos turísticos, conta con 10 millóns para 2 Accións de Cohesión en Destino (ACD) promovidas polas Xunta e 9,8 millóns de 4 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino de entidades locais.

Deste xeito, a promoción da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla (Traslatio), que tamén pasa por Vilanova de Arousa, é unha das 2 medidas da Xunta co obxectivo de captar turistas e peregrinos a través deste traxecto. Contará cun investimento de 3,1 millóns, mentres que outros 6,9 millóns destinaranse a outra acción encamiñada a fomentar Galicia como destino cicloturista e o Camiño seguro en familia.

En canto aos 4 Plans de Sustentabilidade Turística dispoñen dun investimento de 9,8 millóns de euros, para executar as propostas beneficiarias presentadas polos concellos de Vilagarcía e Oia, pola Mancomunidade do Salnés e pola Deputación de Pontevedra.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.