No Son mellorarase a accesibilidade na praia do Cruceiro e ampliarase o parque infantil do porto

23 Febreiro 2022

Os traballos para a renovación da fachada marítima de Porto do Son comezaron o ano practicamente rematados, iso si, con varias frontes abertas que complementan o conxunto. Segundo puidemos saber, trátase de dúas actuacións no bordo portuario: a ampliación do parque infantil emprazado na explanada portuaria e o acceso á praia do Cruceiro, que será mellorado para eliminar calquera tipo de barreira e optimizar o seu desfrute entre veciños e residentes. O Concello informou de que “os proxectos xa están listos” e “as partidas orzamentarias reservadas”, unicamente resta conseguir as autorizacións por parte de Portos de Galicia e Costas do Estado.

Os traballos vencellados á praia do Cruceiro inclúen o acondicionamento integral da contorna que serve de área de transición entre o areal e a zona verde da explanada. Optarase por incluír vexetación autóctona dunar que reproduza a que está presente en estado natural en gran parte das praias do concello. No acceso habilitaranse pasarelas de madeira que atravesen a devandita zona natural, seguindo a fórmula que artellou o proxecto de reforma da fachada marítima dende a súa orixe: a fórmula de favorecer a conexión entre a vila e o mar. Estes traballos virán cunha contía de case 230.000 euros, financiados pola Consellería de Medio Ambiente.

Polo que atinxe ao parque infantil, incluirase (entre outras cousas) a substitución do chan de lousas de caucho por un pavimento continuo de caucho. O investimento será de 300.000 euros e será financiado pola Deputación, a través do POS.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.