Máis de corenta veciños de Ribeira percorreron a segunda etapa do Camiño A Orixe

21 Febreiro 2022

Este domingo 20 de febreiro levouse a cabo a segunda etapa do percorrido polo camiño xacobeo do Barbanza (o Camiño A Orixe) no que participan máis de corenta veciños e veciñas de Ribeira. A andaina, iniciada o pasado 6 de febreiro, incluíu este domingo un traxecto de 24,9 quilómetros. Comezou na Capela da Guía, en Carreira e proseguiu até ata a Igrexa de Santa María na Pobra do Caramiñal, tras atravesar paraxes como A Graña, Os Areeiros ou Castiñeiras e contemplar no camiño edificacións históricas como a Torre de Xunqueiras ou o Pazo de Cotón. Entre os participantes atopábanse os concelleiros Juana Brión, María Sampedro e Víctor Reiriz.

A intención é que percorrer en próximas fins de semana as outras catro etapas ata desembocar na Catedral de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.