En Ribeira licitada a contratación de servizos de apoio ao seu programa de inclusión social

24 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación a contratación dos servizos profesionais especializados de apoio ao programa de inclusión social municipal. A finalidade desta licitación reside en contratar por unha parte os servizos de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría (lote 1) e por outra os servizos de apoio socioeducativo e acompañamento social a persoas sen fogar (lote 2) asociados ao devandito programa de inclusión social

O Concello explica que o orzamento base de licitación ascende a 54.159,60 euros, IVE incluído, repartido en dous lotes de 12.342 e de 41.817,60 euros, respectivamente. A forma de adxudicación do contrato será o de procedemento aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo de conformidade co recollido no prego de cláusulas administrativas.

Os servizos terán unha duración máxima de 13 meses desde a súa posta en marcha, non podendo prolongarse máis aló do 30 de abril de 2023.

As propostas poden ser presentadas ata o 10 de marzo de 2022 ata a medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.